V Semana da Diversidade Sexual de Nigrán
31 DE MAIO DE 2024
V JORNADAS DIVERSIDAD SEXUAL
V Semana da Diversidade Sexual de Nigrán
XORNADA EDUCACIÓN SEXUAL: MATERIA PENDENTE
Celebrada o 31 de mayo no Auditorio de NIGRÁN
A educación sexual continúa sendo unha materiapendente no noso sistema educativo. Todos os estudos apuntas cifrasaltas en torno ao uso da pornografía como fonte de información, oque carrexa un coñecemento sesgado do que é a sexualidade, poñendoo foco só na procura de pracer e o desexo sexual comoalgo instintivo e fóra de control. Este modelo,básicamente falocéntrico, está o alcance de calquer menor que teñaacceso a un móvil ou ordenador.
Esta representación reduccionista dasexualidade, sen outros referentes na súa contorna, non só leva aomantemento de estereotipos sexistas, que afecta o modo derelacionarse e ao desenvolvemento de actitudes discriminatoriascara *o outro, diferente,senón que priva ás persoas mozas de desenvolver competenciasimprescindibles para gozar dunha boa saúde sexual.
A educación sexual integral e inclusiva desde idadestemperás supón unha vantaxe en autocoñecemento ecapacitación de xestión emocional e da identidade, e favorece odesenvolvemento de relacións baseadas no respecto e o bo trato desdea inclusión da diversidade.
Esta Xornada foi dirixida a repensar a educación sexualno noso modelo educativo, reflexionar sobre os beneficios dunhaeducación sexual integral e inclusiva, como e onde enfocala en cadaetapa evolutiva, e dar a coñecer recursos dispoñibles nesta materiaa nivel nacional e autonómico.
Se non podemos poñerlle portas a pornografía, léaseinternet, abrómoslle as portas a una educación sexual integral,inclusiva, con perspectiva de xénero e diversidade.
PROGRAMA
16.00h.Presentación V Semana Diversidade Sexual Nigrán
Bibiana PeixotoIglesias, concelleira de Servizos Sociais de Nigrán
Purificación LealDocampo, presidenta de SOGASEX
16.15h. Fallo doConcurso de Curtametraxes de Nigrán
Presentan
Lola Varela Salgado,vogal de SOGASEX
Bibiana PeixotoIglesias, concelleira de Servizos Sociais de Nigrán
16.30h. Charla.EDUCACIÓN SEXUAL. ASIGNATURA PENDENTE
PresentaPurificación Leal Docampo, presidenta de SOGASEX
Relatora: PaquiMolero Rodríguez, presidenta de FESS
17.15h. Mesa.EDUCACIÓN SEXUAL. FACENDO UN RETRATO DA NOSACOMUNIDADE
Modera ConcepciónEstévez Villar, secretaria de SOGASEX e presidenta de ASEIA
Relatoras:
Isabel PressasCacheda, coordinadora dos centros Querote+
Chis OliveiraMalvar, impulsora Comando Igualdade
Erea DevesaValledor, socia de SOGASEX
Damaris SánchezOtero, socia de SOGASEX
18.30h.Pausa-café
18.45h. Entregapremios. Proxección das Curtametraxes gañadoras
20.00h. Cine. Howto have sex, proxección acargo de Alfonso Castaño Hernández do Cine clubVal Miñor Alice
II CONCURSO DE CURTAMETRAXES DE NIGRÁN
TEMA: EDUCACIÓN SEXUAL
CURTAS GAÑADORAS
Modalidade individual
Título: moitos moito deAlma Alonso Costas
Modalidade Centro de Ensino
Título:Educando na diversidade doIES Maximino Romero de Lema de Baio. Zas-A Coruña