II Xornadas Diversidade

II Semana da Diversidade Sexual de Nigrán

21 y 22 de Maio 2021 no Auditorio de Nigrán

O esquema monosexual, validado polos mandatos de xénero, non nos permitíu ter representacións da diversidade sexual. É por iso que hai relatos e expresións que estiveron silenciadas, oprimidas, mesmo violentadas. É polo que siguen existindo moitos mitos sobre a sexualidade, afectividade e erótica das persoas con diversidade funcional; moitas barreiras que condicionan a satisfacción das súas necesidades afectivas e sexuais; e moitas dificultades que limitan os seus dereitos sexuais e reprodutivos.


A nosa proposta, nesta 2ª Semana da Diversidade Sexual de Nigrán, é proporcionar unha dieta saudable de imaxes e narrativas, que nos permita visibilizar algunas sexualidades non normativas; outros corpos, identidades, afectos e eróticas sexuais que se escapaban ao modelo reprodutor-produtor patriarcal; e poder contribuir a que cada persoa poida escribir a súa propia biografía sexual e que conte con un axeitado acompañamento e una educación afectivo sexual encamiñada a vivir e a expresar a súa sexualidade.

 

Gustaríanos moito contar coa túa presenza, presencial ou virtual!

DESCARGAS PDF

SEMANA DA DIVERSIDADE DE NIGRÁN 2021 - 21 DE MAIO - DIA 1

SEMANA DA DIVERSIDADE DE NIGRÁN 2021 - 22 DE MAIO - DIA 2 - PARTE 1

SEMANA DA DIVERSIDADE DE NIGRÁN 2021 - 22 DE MAIO - DIA 2 - PARTE 2